shadow_left
Logo MareaViva
Shadow_R

Formulario de acceso

Publicidad

Vida submarina

Ficha de Peces

Conectados

No hay usuarios conectados


 
   
Limpieza de fondos marino en Marín (pontevedra ) el 18 Abril PDF Imprimir E-Mail
Escrito por David Villegas   
martes, 31 de marzo de 2009
A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Pilar Blanco, acometará o próximo día 18 de abril a limpeza dos fondos mariños da praia de Aguete incluíndo a pradería submarina que alí habita, respondendo deste xeito as observacións feitas polo biólogo mariño e buceador, David Villegas Ríos.
 
Este biólogo e veciño de Marín tiña detectado na citada pradería a existencia de materiais plásticos e restos de embarcacións que foran a pique meses atrás. Ante esta situación decidiu poñerse en contacto co Concello de Marín para propoñer que a través da Concellaría de Medio Ambiente se  organizara a limpeza dos desperdicios atopados. Por parte do departamento municipal se lle mostrou dende o primeiro momento unha boa predisposición a colaborar nesta causa, iniciando os trámites para que a actividade se puidese levar a cabo de forma inminente.

Deste xeito, contactouse con Capitanía Marítima para coñecer que medidas de seguridade, medios e permisos eran precisos para proceder á limpeza dos residuos existentes nos fondos mariños de Aguete.

A concelleira nacionalista confirmou que os equipos de mergullo para a levar a acabo a limpeza serán aportados de forma gratuíta por parte da empresa Servisub. Por outra banda, as instalacións de apoio para o troco de roupa dos participantes na actividade será cedidas de forma altruísta polo Club de Mar de Aguete. Finalmente, a Concellaría de Medio Ambiente “aportará o camión, efectivos de Protección Civil, o dispositivo de seguridade, ofrecerá un pequeno ágape e entregará un pequeno agasallo aos voluntarios ao final da xornada”.

A actividade levarase a cabo durante a mañá do próximo sábado 18 de abril se as condicións meteorolóxicas o permiten. Os mergulladores que queiran participar nesta limpeza voluntaria dos fondos mariños da praia de Aguete deben ter un seguro en vigor. Os interesados poden obter máis información no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ou chamando ao número de teléfono 886 208 086.
 
< Anterior   Siguiente >
 
   
 
 

Artículos y  noticias relacionadas

 
   
   
   

 


Asoc AMIGOS DEL DEPORTE EN LA NATURALEZA con CIF G74134578 y domicilio en Avda. Fernández Ladreda 48 33011 Oviedo, Asturias. Inscrita en el Registro Nacional de Asociaciones; Grupo 1/ Sección 1/ número Nacional 584783.
Daniel Prado Rodríguez danonneus@gmail.com
René Rodríguez Alvarez rene@mareaviva.net
Jerónimo Alvarez Fernández jero@mareaviva.net